Talleres de masaxes, aromaterapia, música, risoterapia ou cociña en Os Sabactivos

Talleres de masaxes, aromaterapia, música, risoterapia ou cociña en Os Sabactivos

02 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Xuventude e Benestar Social, María López, anunciou esta mañá que o Concello de Ferrol retomará este sábado o programa municipal Os Sabactivos. Dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos, ofrecerá todos os sábados talleres de ocio didáctico con custe cero para as familias. Precisamente, o goberno local poñía en marcha este proxecto hai xa tres anos co ánimo de favorecer a conciliación d

Doutra banda, María López explicou tamén que o Concello quería nesta ocasión vincular as actividades ás datas conmemorativas marcadas no calendario nos próximos meses e, deste xeito, se planificaron accións temáticas. Así, en febreiro e marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora e do Entroido, os nenos e nenas participarán en actividades que fomenten a igualdade entre sexos e elaborarán disfraces. En abril e por mor do Día Mundial da Saúde e do Libro e a Propiedade Intelectual, reservarase espazo para accións vinculadas coa educación para a saúde e de animación á lectura. En maio, co gallo do Día da Diversidade Cultural, dedicaranse as horas a coñecer e xogar cos Nenos do Mundo e, en xuño, no Día Mundial do Medio Ambiente, levaranse a cabo actividades de sensibilización. 

Por último, a concelleira de Xuventude apuntou que para participar no programa non é preciso inscrición previa. Basta con presentarse na Ludoteca Municipal ás 10 horas, xa que deste xeito se evita precisamente que se reserven prazas e logo non se cubran no día da actividade, quedando fóra outros nenos e nenas. Así, lembrou que o cupo está en 45. Concluíndo, María López fixo un chamamento á cidadanía para que participe de novo neste programa municipal gratuíto. 

Sociedade