Teenage Fanclub tocarán en Santiago o 3 de decembro

Teenage Fanclub tocarán en Santiago o 3 de decembro

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O grupo Teenage Fanclub será o encargado de pechar o ciclo Xacobeo Importa cun concerto que ofrecerá o próximo 3 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. A banda chega a Galicia dez anos despois da súa última actuación na comunidade galega para presentar as cancións do seu último disco Shadows, xunto con algúns dos seus grandes éxitos.

A banda formada por Norman Blake e Gerard Love é autora de discos clásicos como Bandwagonesque e Grand Prix, e nas súas composicións atópanse influencias dos Beach Boys, The Byrds, Beatles ou Big Star. Pese a contar co apoio da prensa especializada e da súa gran facilidade para crear boas cancións, nunca chegaron a ser un grupo de masas aínda que os seus discos e xiras sempre contaron cunha lexión de seguidores dentro do circuíto alternativo.

Cultura