Terror en Catabois

Terror en Catabois

29 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de Comerciantes de Catabois - Ferrol- está preparando a súa celebración máis “terrorífica do Samaín”. Este venres, día 31 de Outubro, e baixo a lema “O Quilómetro do Terror”, a estrada de Catabois acollerá a cuarta
celebración  de defuntos, que non deixará indiferente a ninguén. O acto central desta celebración será o que se denomina A Volta dás

“O quilómetro do terror” comezará ás 20:30  no aparcadoiro anexo ao Cemiterio Municipal e chegará até Canido, incluíndo unha boa dose de animación teatral e musical. Diversas asociacións e grupos prepararon carrozas para esta ocasión e o grupo de percusión da Asociación Agarimo de Catabois porá a música. As mellores carrozas participantes recibirán premios.

Ademais, os hostaleiros e comerciantes da estrada de Catabois convidan, a todos os que os visiten na noite do venres, a acudir disfrazados ou caracterizados como almas en pena, iso si, sen máscaras. Para eles tamén haberá premios. O mellor disfraz de grupo, cun mínimo de 10 participantes, recibirá un premio de 80 cataleuros. No caso dos concursantes individuais o premio será de 20 para o mellor dos adultos, e a mesma cantidade para o mellor dos infantís. A empresa FIESTOKE disporá dous espazos de caracterización gratuíta para aqueles que non sexan especialmente destros coa maquillaxe.

Pero ademais, E.CH.O Catabois anima a todos os seus asociados a que decoren os seus locais e aos veciños a que fagan o mesmo coas súas vivendas. Para uns e outros haberá premios. Non faltarán as degustacións de castañas asadas. Para os máis creativos convócase tamén un concurso de cabazas que quedarán expostas nunhas mesas que se colocarán esa noite no barrio, mesmo se convocou un concurso nas escolas.

Sociedade