Thompson e Sarille fan memoria

Thompson e Sarille fan memoria

30 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sobre a memoria histórica falará este venres en San Valentín o profesor da Universidade de Montana nos Estados Unidos, John Thompson. Thompson traballa na actualidade na elaboración dun censo e dunha analise dos Monumentos ás Vítimas do Franquismo dos últimos 15 anos. “Son textos estéticos e recrean a experiencia da loita pola liberdade e da represión de organizacións políticas e sociais” indica o profesor estadoun

John Thompson (Montana, EUA, 1971) é doutor pola Universidade de Michigan e actualmente profesor titular do Departamento de Linguas Modernas da Universidade do Estado de Montana. Como investigador, dedicouse a traballar sobre a memoria da Segunda República e do fascismo e a súa representación na narrativa galega.

A charla de John Thompson comezará o venres ás 7,30 da tarde no Auditorio do CPS de San Valentín. Tamén falará o autor da novela “Polos fillos dos fillos”, Xosé Manuel Sarille. Presentao director de radio Fene, Henrique Sanfíz Raposo.

Sociedade