Tocarán A Pelo nas festas de Perlío

Tocarán A Pelo nas festas de Perlío
17 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de Perlío Apelo tocará o luns na sesión vermú das festas, segundo comunica a comisión organizadora. Será a novidade dentro do  programa festivo xa anunciado.

Fotografia Xan Xe

A orquestra Saudade e o grupo Matices actuarán na verbena deste sábado nas festas de Perlío en Fene. Solara e Matices tocarán o domingo vinte. O luns dia vinteún celebrarase a festa da rapazada con importantes rebaixas nas atraccións festivas. As pezas do mediodía comezarán as dúas e media da tarde e as verbenas nocturnas as dez e media.

 

"Cocede panadeiras, que Fernán Pérez está na praza", contan que berraban nas vilas da contorna cando se achegaba o Andrade. Un deles enterrouse na igrexa de Perlío segundo delata a tumba investigada por Fernando Dopico. Para estas festas de Perlío, tamén poderíamos citar os versos que Alvaro Cunqueiro adicou ao viño de Betanzos: "Iste violeta amor, iste lixeiro beizo da terra que a miña boca bica,..."

 

 

Imaxe: Festas dos Santos de Perlío

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora