Toda a comarca de Ferrol quedaría resentida de por vida

Toda a comarca de Ferrol quedaría resentida de por vida

15 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Toda a comarca de Ferrol quedaría resentida de por vida" afimrou este mediodia o presidente do comité de empresa de Navantia Fene Jorge Prieto Ulfe, tras a entrevista mantida co conselleiro de Industria Javier Guerra. "Viñemos con dúas demandas concretas referidas ao dique flotante e a carga de traballo, e volvemos sen nengún compromiso e sen ningunha noticia" indicaron os sindicalistas.

A problemática do sector naval chegou este mediodia a Santiago de Compostela. Arredor de 4.000 traballadores dos estaleiros participaron na marcha entre o estadio de San Lázaro e os edificios administrativos de San Caetano. Os comités de empresa reiteráronlle ao conselleiro de Industria Javier Guerra a necesidade imperiosa de carga de traballo. 70 autobuses traen a esta hora de volta aos empregados que participaron nesta movilización coa que concluiu a marcha a pé entre A Coruña e Santiago de Compostela que iniciaron o martes os delegados sindicais. Se non hai solucións, os empregados do naval participarán nunha marcha a Madrid.

Sociedade