Todo cambia, mais todo permanece en CCOO Galicia

Todo cambia, mais todo permanece en CCOO Galicia

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Facer que o sindicato como instrumento sexa útil para os traballadores é o noso obxectivo, pero non haberá cambios na política sindical”. Velaí o resumo que dos seus propósitos fai o novo secretario xeral de CCOO Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Foi elexido con apoio maioritario no IX Congreso da organización celebrado a fin de semana e nas declaracións concedidas a

“Recoñecemos algún erro”, concede Xosé Manuel Sánchez Aguión, cando se lle require pola actuación do sindicato nos últimos tempos, pero iso non vai a provocar ningunha renovación de calado por parte do novo secretario xeral de Comisións. Todo cambia, mais todo permanece no futuro inmediato da central.

A mesura será a liña a seguir por Sánchez Aguión, para quen o horizonte dunha folga xeral coa que responder á situación de precariedade laboral é un escenario que aínda fica moi afastado. O máximo responsable de Comisións Obreiras en Galicia di que esgotará a vía da negociación antes de convocar un paro que só se empregaría “para algo en concreto e non contra nada en abstracto”. Con todo, urxe, como demandou o secretario confederal Ignacio López-Toxo, un gran pacto social entre os traballadores, o Goberno e unha patronal con cuxo comportamento non está satisfeito.

Xosé Manuel Sánchez Aguión confía na unidade de acción dos tres sindicatos maioritarios en Galicia e afirma que hai sintonía na necesidade de formular un cambio do modelo económico. Tamén hai claridade nas demandas para o novo Goberno da Xunta: a Alberto Núñez Feijóo e ao seu equipo, Comisións Obreiras pediralle que garantA o crédito ás pemes; que mobilice recursos para rexenerar o tecido produtivo e estabilizar e asegurar o emprego; e, sobre todo, que asuma unha maior protección social para os que fican sen traballo. Para isto último propón servirse dunha fórmula xa creada: a Risga.

Sociedade