ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As flores xa están nos sotos das rúas de Ares, listas para confeccionar as alfombras do Corpus na noite do sabado 22.
A vila de Ares celebra a festividade do Corpus Christi esta fin de semana 22 e 23 de xuño coa preparación das alfombras o primeiro dia e a posterior procesión o domingo polas ruas alfombradas de flores que confecciona a veciñanza da vila (foto de arquivo). A festa foi declarada de "Interés Turístico de Galicia” no ano 2011.
A estas alturas e dende hai dias xa está completada a recolección de flores que empezou hai un mes polos xardíns e casas de toda a comarca. Unhas 15 toneladas de flores utilizanse para a filigrana floral. E supomos que están tamén decididos os deseños dos debuxos que se delinearán co verde, a flor e outros elementos que se foron engadindo como os pousos do café ou a area da praia.
Publica o teu comentario agora