Traballadores de Povisa denuncian que a empresa obrígaos a elixir entre redución de xornada ou despedimentos

Traballadores de Povisa denuncian que a empresa obrígaos a elixir entre redución de xornada ou despedimentos

14 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O hospital vigués Povisa foi un dos primeiros en aplicar a recente reforma laboral. O seu comité de empresa manifestou publicamente o seu desacordo coa dirección, despois de que esta manifestase que as reducións de xornada nalgúns servizos do centro foron voluntarias e individuais. Así, os representantes dos traballadores precisaron que “foron impostas baixo coaccións e ameazas d

Ademais, Neira explicou que esa medida se adoptou con carácter definitivo. Apuntou que a redución de xornada afecta os auxiliares clínicos e a celadores, e que xa houbo reducións en limpeza, o que non serviu para evitar 27 despedimentos. Tamén advertiu de que esa diminución na xornada e no salario afectará posteriormente a persoal de farmacia e enfermaría e, a longo prazo, a todo o persoal, excepto o colectivo médico.

O comité de empresa puntualizou que, ademais da imposición de xornadas reducidas, o persoal de Povisa vén sufrindo a conxelación do seu salario desde hai dous anos, ao que se suma unha redución do 12 por cento por esas horas de menos traballadas semanalmente, un 5 por cento correspondente a incentivos que tamén se lles retirou, e os atrasos que aínda non pagaron.

Os representantes dos traballadores negaron que estes axustes teñan unha motivación económica, xa que a propia empresa recoñeceu que non sabe nin lle interesa saber canto se vai a aforrar, xa que se trata dun problema estrutural e non económico.

Sociedade