Traballadores do Sergas farán unha folga de 24 horas

Traballadores do Sergas farán unha folga de 24 horas

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores do Sevizo Galego de Saúde iniciarán o vindeiro mércores día 16 unha folga de 24 horas en defensa da calidade asistencial da sanidade pública. O paro, que comenzará ás cero horas do día 16, está convocado conxuntamente  polas organizacións sindicais CIG-Saúde, SAE e CIAS, ven motivado pola suspesión dos acordos asinados pola Xunta de Galicia en materia orzamentaria, de contratación e de mellora

A folga prevista para o mércores, día en que o goberno galego aprobará os orzamentos para o ano 2010, ten como obxectivos denunciar o que consideran un “orzamento irrisorio de contratacións” previstas para o vindeiro ano, que serán un 60% menos que as de este ano.

Eso significa, en palabras do secretario de organización da GIG, Lois Méndez, unha disminución drástica na calidade do servicio asistencial aos cidadáns amáis dun incremento das xa abultadas listas de espera. Esto leva aparellado un incremento nos concertos coa sanidade privada que os sindicatos rexeitan tamén. Neste senso defenden que a construcción dos centros de saúde de Narón, Ares, A Capela e Cedeira se faga con cartos públicos e non con capital privado como se tenta dende a Xunta de Galicia.
Os sindicatos sanitarios critican tamén o investimento cero en tecnoloxía que este ano se prevé para o hospital da Defensa, dado que, din, a calidade asistencial na comarca de Ferrolterra está xa abondo deteriorada.

Lois Méndez denunciou asimesmo o boicot que dende o SERGAS se está intentando facer a esta folga, programando uns servicios mínimos que os sindicatos consideran por encima das necesidades reais de atención urxente da poboación.

Sociedade