Traballo e aportación

Traballo e aportación
28 de Novembro, 2022 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

"Estamos satisfeitos polo traballo e pola aportación tanto dos titulares como dos suplentes" salienta o míster do Perlío Gonzalo Beceiro. Rematada a primeira volta, o Perlío ocupa a segunda posición na clasificación,  con vintecinco puntos, a dous do primeiro, o San Sadurniño.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

Miño B 0 - 5 Perlío. "Tras lograr o 0-2 asentámonos no campo e xeramos moitas ocasións de gol. Chegamos ao descanso cun 0-4 que xa daba por finalizado o partido" afirma Beceiro.

 

Na imaxe, Iago Pérez, autor dos dous primeiros goles do Perlío. Tamén marcaron Sergio Vigo, Iván San Emeterio e Dani Varela.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora