A tranquilidade dos ritmos celtas nos acordes da guitarra de Mark Knopler en Santiago

A tranquilidade dos ritmos celtas nos acordes da guitarra de Mark Knopler en Santiago

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Tras a  súa última visita o pasado 2008 o lexendario guitarrista, Mark Knopler, voltará a Galicia na súa xira máis ambiciosa onde visitará a cidade de Santiago de Compostela. O 28 de setembro no Multiusos Fontes do Sar, o escocés presentará o seu novo disco “Get Lucky” que sae á venda mañá 15 de setembro. “The Get Lucky Tour” prolongaráse durante os meses de maio, xuño e xullo con sesenta

O álbum con once cancións mestura con fluidez o folk e o blues coa súa orixinal forma de composición, con ingredientes británicos personalizados e unha letras froito da observación máis vivida. A temática autobiográfica deixáse ver ao longo do álbum e resúmese no título que dá nome ao mesmo "Get Lucky".

Knopfler e a súa  banda  preparánse para saír á estrada novamente en 2010. “É como ser o capitán dun pequeno navío de guerra, a verdade, disfruto da sensación de equipo que se sinte nas xiras, me gusta estar coa miña banda” afirma o gran guitarrista británico.

O 28 de setembro poderemos desfrutar da música do ex compoñente de Dire Straits en Compostela. Aínda se descoñece a hora e o prezo da entrada.  Máis información en www.multiusos.net

Sociedade