A transgresión e fraxilidade de Pereiro baixo a ollada de Miguel Mato

A transgresión e fraxilidade de Pereiro baixo a ollada de Miguel Mato

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O escritor Miguel A. Mato, compañeiro de Lois Pereiro no grupo De amor e desamor, vén de presentar a súa achega ao Día das Letras Galegas. Trátase da obra Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, editada por Laiovento, na que o autor nos aproxima, como lector, o seu pensamento sobre a figura literaria do poeta monfortino. Por iso, lembra a época de recitais e o

Miguel A. Mato afirma nesta obra que “Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente reflexivo”.

En canto aos que se refiren á obra do poeta monfortino como saída do centro da cultura urbana, Mato prefire situala á marxe destes parámetros. Asegura que os textos de Lois non acepta os lindes do urbano nin do supostamente rural.

O escritor pensa na linguaxe como eixo central na obra de Pereiro. O poema expresa ou mostra a ferida, o sangue, as feridas do subconsciente, da sombra, mais tamén do sufrimento físico, máis consciente, máis evidente. Especialmente nos poemas do seu último libro, e”sa cartografía da dor”, asegura.

Mato dedica outro dos capítulos de Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro a establecer semellanzas entre Rosalía e Pereiro, dous escritores universais unidos polo concepto tráxico que tiña da escrita, transgresora e fatal.

Cultura