Treixadura alcanza o plenilunio con “Esa si que é muiñada”

Treixadura alcanza o plenilunio con “Esa si que é muiñada”

03 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Unha noite no muíño/ unha noite non é nada / unha semaniña enteira / esa si que é muiñada”. Esta cantiga tradicional galega serviu nestes últimos 12 anos para configurar un ciclo en Treixadura, unha etapa que comezaba no 1999 co álbum Unha noite no muíño, ao que seguiu en 2003 Unha noite non é nada e en 2007 Unha semaniña enteira. Agora, neste mes de xu&nt

Treixadura é un dos grupos de música tradicional galega máis representativos de Galicia. De feito, o álbum Unha semaniña enteira foi o disco deste xénero que máis vendeu da historia da música galega, máis de 8.000 copias. Un proxecto e unha proposta que quere incitar ao baile, ao canto colectivo á escoita, a sentir e gozar o patrimonio musical galego.

Nesta ocasión, Treixadura volveu apostar por recoller melodías tradicionais, pero tamén por crear as súas propias. Ademais, a maiores dos gaiteiros e do orfeón Treixadura, están arroupados no álbum polos catro mellores coros galegos no tema “Foliada Marmuradora” e pola orquestra sinfónica de O Rosal. O disco foi gravado nos estudios Casa de Tolos, en Gondomar.

Gaitas, acordeón, pandeiros, pandeiretas, tambor, bombo ou cunhas arroupan as dez voces de Treixadura na interpretación de muiñeiras, foliadas, xotas, alboradas ou alalás. En total, 15 músicos coñecedores da tradición e da música do país, que soben ao escenario para amosar o mellor do seu repertorio.

 

Cultura