ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene SinMotor Sport. Un equipo do IES de Fene traballa no deseño dun vehículo co que van competir nunha nova edición do Desafío Hiperbaric Challenge, que se celebrará en Burgos a mediados de xuño.
Anxo Sangiao e Francisco Seoane son alumnos do ciclo de soldadura no IES de Fene e xa teñen experiencia no reto Hiperbaric. Raquel Pena e Marcos González estudan o ciclo de electromecánica de vehículos e póñense a proba por primeira vez. Os catro e o profesor Miguel Couñago explicaron en Radio Fene como marchan os traballos de deseño do vehículo de inercia co que aspiran gañar o desafío Hiperbaric Challenge. Un programa educativo dirixido a estudantes de 3º e 4º da ESO, de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional que promove a empresa Hiperbaric. O reto supón perder recreos e facer horas extra ao alumnado e a profesores, pero non lles importa. Valoran, sobre todo, o moito que aprenden e o que aporta o feito de traballar en equipo. “Apréndese moito máis, xestionas e aprendes a traballar en equipo”, declara Anxo. “Implica ter a idea e pasala á realidade”, explica Francisco. Para Raquel, a experiencia “é divertida, paréceme perfecto”. “É un proxecto moi bonito”, apunta Marcos. Ademais de deseñar o vehículo, o alumnado aprende a sacar adiante unha idea. “Hai unha parte de proxecto empresarial, de marketing e publicidade”, lembra o profesor. “Tripitimos? o noso equipo gañou as dúas última edicións deste reto...será posible gañar a terceira consecutiva?”, preguntan.
Publica o teu comentario agora