As troitas morren no río Baa

As troitas morren no río Baa

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pasado sábado apareceron troitas mortas na zona do Souto Vello no río Ba de Maniños (Fene- A Coruña). Axentes do SEPRONA levantaron o correspondente informe atendendo á denuncia formulada pola Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río Baa de Maniños.

Directivos da entidade atoparon as troitas mortas e outras agonizando nas inmediacións da rúa da Unión de Maniños. Segundo explicaron esta mañá en Radio Fene, non hai máis explicación que se trate dun verquido.
A limpeza das marxes do río para permitir o paseo é fundamental para evitar os verquidos, segundo opina AETNA. Dese xeito sería máis doado que a vixiancia cidadán limitara e dificultara a contaminación da canle fluvial.

 

Sociedade