Troula da verba

Troula da verba
27 de Xullo, 2021 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

Troula da verba é un evento literario que se desenvolverá o vindeiro domingo 1 de agosto ás sete da tarde no paseo da Madalena, no piñeiral de Cabanas. Haberá presentacións literarias das revistas Mazarelos e Domingo das Mozas e o escritor Antonio M.Fraga falará do seu libro "Santoamaro". Todo en formato de entrevistas e conversas. O apartado musical correrá a cargo de Hilda Rock e Diego Rodriguez, voz do grupo Virginia Red. 

ESCOITA O PODCAST:
Lúa Vila en Radio Fene

Unha carpa instalaráse no piñeiral, na área de estacionamento das autocaravanas, segundo explicou Lúa Vila, da organización. Ë preciso reservar praza en cultura@cabanas.gal

Cultura

Publica o teu comentario agora