Troula da Verba

Troula da Verba
19 de Xullo, 2023 - 10:45 h. | Publicada por Radio Fene

Troula da Verba, cita literaria que reúne artistas de distintas disciplinas en Cabanas. A terceira edición vaise celebrar o día 30 de xullo. Deunos detalles do evento unha das organizadoras, Lúa Vila, coa que conversamos en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

A palabra é o nexo común dun evento no que participarán artistas da poesía, a narrativa, o deseño e a música. O punto de encontro é o paseo da Magdalena, en Cabanas. Ás sete da tarde comezarán as intervencións nunha carpa. Pode asistir quen o desexe. Lúa Vila e Marcos Filgueiras ocúpanse da organización dun evento, que ten moi boa acollida do público. 

Cultura

Publica o teu comentario agora