Tucho foi o gran capitán

Tucho foi o gran capitán
10 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Tucho foi o gran capitán do Barallobre” afirma o porteiro Rodri que compartiu vestiario con Antonio Lorenzo. "Era un gran central, con bo disparo e no campo sempre sabía o que había que facer". Rodrigo Galdo “Rodri” defendeu a portería da S.D. Barallobre durante nove tempadas, de 1973 a 1982. “Tucho” vestiu a camisola do equipo do Ramo durante máis de vinte anos.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: S.D.Barallobre

"Cando me preguntan de que equipo son, sempre digo: do Barallobre" afirma RodriO Barallobre xogaba na Rexional Preferente, o equivalente actual á Terceira División do fútbol. Desprazábase por toda Galicia e codeábase co mellor do balompé galego, intercambiando por exemplo xogadores co Deportivo da Coruña ou co Racing de Ferrol. A entidade entregaralle unha placa de agradecemento a Tucho este sábado ao comezo do Torneo Mesón O Campo. A cita, o sábado ás seis e media da tarde, no campo do Ramo de Barallobre.

 

Na imaxe equipo do Barallobre no campo de Santa Isabel en Santiago de Compostela

Deportes

Publica o teu comentario agora