U 2 protagonizou a xira máis popular do 2009

U 2 protagonizou a xira máis popular do 2009

01 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os de U2 ofrecerán neste 2010 4 concertos na Península Ibérica. Actuarán o 26 de setembro no estadio de Anoeta en San Sebastián, o 29 de setembro no estadio olímpico de Sevilla e o 2 e 3 de outubro en Coimbra. Para os concertos de Portugal xa está todo vendido, mentras que para os de San Sebastian e Sevilla, ainda hai entradas segundo indican na páxina web do grupo. U2 comezará a súa xira 360º o 6 de xuño en Anaheim (US) e

Poida que os membros de U2 estean algo decepcionados co número de copias que venderon do seu último disco, Non line on the horizon. Con todo, os irlandeses poden presumir de terse convertido nos músicos que protagonizaron a xira máis popular en Estados Unidos. Segundo a publicación Pollstar, U2 recadou uns 123 millóns de dólares coa venda de entradas para a súa xira estadounidense, mentres que Bruce Springsteen e a súa E Street Band terminaron segundos con 94.5 millóns.

   Entre as xiras máis exitosas de todos os tempos, U2 sitúase o quinto. Os Rolling Stones teñen o record con 162 millóns de dólares polo seu tour do 2005. Con todo, a xira de Bono e os seus en 2003 figura terceira na lista, con 138.9 millóns recadados.

   O editor de Pollstar, Gary Bongiovanni, dixo que o negocio dos concertos en xeral superou a recesión, imitando a un fenómeno similar ao das películas de cinema. A maioría da xente só vai a un ou dous recitais ao ano, pero está disposta a pagar máis por unhas boas entradas.

   Segundo a publicación, U2 tocou ante 1.3 millóns de persoas en 20 espectáculos ao seu paso por Estados Unidos e cobraron en media uns 93.77 dólares por entrada. O prezo media da banda na xira do 2003, cando realizou 78 presentacións, foi superior, con 97 dólares.

   A recente contribución entre os pianistas Elton John e Billy Joel terminou en terceiro lugar en 2009, con 88 millóns de dólares, seguidos da rehabilitada Princesa do Pop, Britney Spears, no cuarto posto con 82.5 millóns de dólares. AC/DC terminou no quinto posto con 77,9 millóns de dólares.

   Como en anos anteriores, os roqueros veteranos dominaron os ranking, en parte debido a que poden cobrar máis polas súas entradas. Aínda así, os novatos Jonas Brothers situáronse no sétimo posto con 69.8 millóns de dólares grazas ás súas mozas seguidoras de todo o mundo.

   Miley Cyrus, outra estrela de Disney, terminou no lugar 13 con 45 millóns de dólares, mentres que a estrela da música country Taylor Swift terminou no 25 con 25.5 millóns de dólares.

Cultura