A UDC nomeará Doctor Honoris Causa ao investigador Michael Apple

A UDC nomeará Doctor Honoris Causa ao investigador Michael Apple

18 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Universidade da Coruña comezará mañá, venres, 19 de setembro, ás 12:00 horas, os actos de celebración do 25 aniversario desde a súa creación coa apertura do programa a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O Paraninfo da Maestranza acollerá este primeiro acto ao que está convocado, previa confirmación de asistencia, toda a comunidade universitaria así como a cidadan&iacute

Na mesa de apertura, presidida por Feijóo, estarán presentes o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril. Para esta primeira actividade organizada para conmemorar os 25 anos da institución académica, a Universidade quixo traer a un investigador español novo, referente internacional en ciencia básica que conta cunha traxectoria profesional recoñecida con numerosos e prestixiosos premios. Así, o director do Instituto Max Planck de Óptica Cuántica de Garching, Alemaña, Juan Ignacio Cirac Sasturain, quen impartirá a conferencia “Unha visión da ciencia desde Alemaña”. A continuación, intervirán o presidente do Consello Social e o reitor para dar por clausurado o acto por parte do presidente da Xunta. Está previsto ademais, un pequeno concerto a cargo do quinteto de metais Hércules Brass. O acto será retransmitido en streaming a través de UDCtv, http://www.udctv.es/.

Entre outras actividades programadas para a celebración do 25 aniversario da Universidade da Coruña, está prevista a concesión do grao Doutor Honoris Causa ao relevante profesor e investigador estadounidense Michael Apple, autor de libros esenciais para os educadores: “Ideologia e Currículo”, “Educación e Poder”, “Profesores e Textos” ou “A Escola Democrática”

Ademais, está programado o ciclo de conferencias “Repensar a universidade” que traerá ao campus coruñés a Boaventura de Sousa, Xavier Grau, Victoria Camps e Vicenç Navarro. Unha exposición sobre a historia dos campus coruñés e ferrolán neste tempo e diversas actividades culturais, deportivas así como un Foro de estudantes centralizarán os actos previstos ao longo deste curso para conmemorar a constitución da Universidade da Coruña creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia.

Sociedade