Ultimos retoques para o campo de cesped artificial dos Pinares en Perlío

Ultimos retoques para o campo de cesped artificial dos Pinares en Perlío

08 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A obra de colocación da herba artificial no campo de fútbol dos Pinares de Perlío (Fene) entrou xa na súa recta final. Somentes resta o pintado das liñas e a colocación de area e caucho. A herba mide 65 milímetros pero os primeiros 30 van cubertos de graos de area e caucho para facer máis comoda a superficie. En novas fases da obra, construiránse uns vestiarios e instalaráse unha iluminación definitiva.

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío acordou en xaneiro do 2008 ceder ao Concello de Fene a titularidade do campo dos Pinares por un período de 25 anos. Era o requisito demandado pola Deputación para subvencionar a colocación do cesped artificial.

O Concello de Fene adxudicou en xuño a instalación do cesped artificial dos Pinares á UTE formada por Calfensa Proyectos e Asogal Construcciones por un importe de 375.232 €. O prazo de execución finalizaba a comezos deste mes de decembro, pero a empresa adxudicataria pediu unha prórroga polas choivas caidas nestas últimas semanas.

Deportes