Un berro de luz a tremer nas silveiras

Un berro de luz a tremer nas silveiras
29 de Abril, 2024 - 10:23 h. | Publicada por Radio Fene

Un berro de luz a tremer nas silveiras do val de Mundín. O Perlío agarda con esperanza a semifinal da Copa da ría. Xogará co Val o mércores primeiro de maio as cinco e media da tarde no campo dos Pinares. Na outra semifinal o Eume recibe ao Miño, tamén o mércores as cinco e media da tarde. Os encontros de volta xogaranse o domingo dous de xuño.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Perlío Mario López:

http://173.255.131.18/audio/290424LOPEZ.mp3

Partido de Liga. O Val - Perlío

“O Val ven de proclamarse campión de Liga e están nun gran momento de forma polo que chega ás semifinais de Copa como favorito” salienta o adestrador do Perlío Mario López. Este domingo, Valdoviño 2 - 2 Perlío. 
Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora