Un club de lectura para Limodre

Un club de lectura para Limodre

01 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Organizar un club de lectura é un dos proxectos nos que traballa a Asociación Veciñal de Limodre. A nova xunta directiva programa ademais unha churrascada e unha velada amenizada por Saavedra, para o baile do faroliño o 18 de abril. Baile cen por cen cos Cempés o 16 de maio e unhas Letras Galegas enfocadas para os pequenos e pequenas o vintedous de maio son algunhas das actividades previstas para as vindeiras semanas.

Ana Isabel Santiago, Guillermo Vázquez e Robustiano López “Tano” falaronnos en Radio Fene das súas previsións, despois de entrevistarse co alcalde de Fene Gumersindo Galego esta mesma mañá.

Sociedade