Un concerto de E. J. Strickland Trío abre o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Un concerto de E. J. Strickland Trío abre o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra

21 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa décimo sétima edición, consagrado xa como un referente do noroeste peninsular. O concerto inaugural corre a cargo de E. J. Strickland Trío, que ofrecerá na Praza do Teucro a súa única cita ao vivo en Europa. Mañá mércores, no mesmo escenario, tomará o relevo Virxilio da Silva Quinteto, que demostrará aos asistentes como soa o novo jazz feito en

O responsable de abrir lume na Ferraría será John Scofield, considerado un dos tres grandes guitarristas contemporáneos de jazz, quen regresa a Pontevedra despois do éxito acadado na anterior edición do festival. O venres subirán ao escenario Billy Boy Arnold, John Primer, Billy Branch e Lurrie Bell unidos no proxecto Chicago Blues: a living history. The The Derek Trucks amosarán o sábado a súa fusión entre jazz, blues e rock; mentres que a baixista, vocalista e compositora Esperanza Spalding porá o broche final ao evento intentando demostrar ao público galego porque está considerada unha das grandes promesas do panorama musical.

O apartado vogal convértese en protagonista do festival. A voz estará presente, en maior ou menor medida, en todos os concertos desta décimo sétima edición. A concelleira de Festas de Pontevedra, Anxos Riveiro, explicou en Radiofusiòn que deste xeito tratan de "enganchar" a un público maioritario.

Todos os concertos do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra serán de balde. O programa inclúe ademais, como xa é habitual, actuacións na rúa e jam-sessions.

Cultura