Un final sorprendente

Un final sorprendente
01 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Esiankiki á procura do león é unha historia de superación onde se combina a tolerancia coa necesidade de ter iniciativa. A caza e o cambio climático tamén aparecen neste fermoso conto de Antía Cons cun final sorprendente.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/010922CONS.mp3

Fotografía: Xan Xe Corral

“Intento poñerme na pel do público infantil. Tento ser un pouco nena para xogar con eles e que interactúen conmigo”, afirma Antía Cons no clube de lectura de Radiofusión. A autora de Esiankiki á procura do león viviu cinco meses en Xapón. “Vivir alí é un cambio total e absoluto. Unha das cousas que máis me gustaron é que teñen unha forma de convivir a cidade coa natureza que creo que aquí non temos. Alí a natureza cóidana como algo sagrado”, expresa a escritora viguesa namentres lembra “a paz dos templos situados nos bosques”.

Cultura

Publica o teu comentario agora