Un galego aspira a revalidar o Campeonato de Portugal de supercross

Un galego aspira a revalidar o Campeonato de Portugal de supercross

08 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O motociclista de Fene Román Pérez aspira a revalidar o campeonato nacional de supercross de Portugal que xa logrou o pasado ano. Para logralo na categoria de élite deberá gañar as tres carreiras que restan para finalizar a competición. A primeira correráse esta noite na localidade de Fafe, a segunda en Paterna o dia 15 e a terceira o dia 22 en Ourem.

A semana seguinte, o 29 de agosto, carreira valedeira para o campeonato galego de supercross no circuito de Vilar de Mouros na Capela.No transcurso da proba, sortearáse a motocicleta coa que Román Pérez gañou o pasado ano o Campeonato Nacional de Supercross en Portugal.

 

Desde o vindeiro luns, en Radiofusión Ferrolterra, no 107.7 da FM, repartiránse todos os dias as 14 horas 4 rifas da motocicleta e 4 entradas para a carreira valedeira para o Campeonato Galego de Supercross que se disputará na Capela o sábado 29 de agosto.

Deportes