Un grupo de taxistas de Fene discrepan co funcionamento de Radio Taxi

Un grupo de taxistas de Fene discrepan co funcionamento de Radio Taxi

04 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As paradas de taxis de Fene continuan a funcionar con normalidade, segundo sinala un grupo de taxistas en disconformidade co funcionamento do Radio Taxi. Nos teléfonos das paradas aténdese as 24 horas, os 365 dias, cousa que non ocurre no número de Radio Taxi, segundo afirman.

Reclaman o cumprimento das tarifas oficiais, sinalando que nalgún caso non sucede así. Poñen como exemplo que entre Fene e Meirás un taxista con Radio Taxi cobrou hai uns sábados 29 euros, cando a tarifa sinala 21 euros para ese traxecto. As mesmas fontes lembran os números das paradas de Fene, 981 341006 e de Perlío 981 340019.

En Fene existen un total de 19 licencias de auto taxi, pero somentes 17 están operativas. Delas 9 sumáronse á iniciativa de Radio taxi, e 8 permanecen ao marxe.

Sociedade