Un home sen vida apareceu na ribeira de San Valentin

Un home sen vida apareceu na ribeira de San Valentin

21 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un home sen vida apareceu este mediodia na ribeira de San Valentin en Fene. Segundo informa a Policia Local, un viandante deu o aviso minutos despois das doce do mediodia, alertando da existencia dunha persoa morta á altura do taller de bloques planos da antiga Astano, cara a San Valentin.

Salvamento Marítimo e os Bombeiros de Ferrol achegáronse ao lugar. Como non se podía rescatar desde terra, foi a lancha de Salvamento Marítimo quen o recolleu do mar, trasladandoo cara á Gándara, onde o xuiz decretou o levantamento do cadavre. Testemuñas presenciais indicaron que a primeira vista non identificaron á persoa como veciño da zona.

Sociedade