Un mar de tapas

O concello e a Confraría de Barallobre organizan o certame gastronómico Un mar de tapas
21 de Setembro, 2018 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

O concurso celebrarase do 12 ó 14 e do 19 ó 21 de outubro, en horario de 13 a 15 e de 19 a 21 h. Cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas.

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, e a Confraría de Barallobre organizarán no mes de outubro o certame gastronómico Fene, un mar de tapas. O Concello vén de abrir o prazo, ata o vindeiro 28 de setembro, para que os establecementos feneses interesados en participar se apunten. Deben facelo enviando a folla de inscrición ó correo rede@fenevivo.gal ou entregándoa no departamento municipal de Turismo. O concurso celebrarase do 12 ao 14 e do 19 ó 21 de outubro, en horario de 13 a 15 e de 19 a 21 h. Cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas. Así mesmo, co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición fíxase como único requisito recomendable para a participación que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, dentro do posible, polo menos un produto de peixe ou marisco da ría de Ferrol ou, no seu defecto, da marca Pesca da Rías. As bases, así como as follas de inscrición, están a disposición dos interesados na web municipal www.fene.gal.

Accións formativas co cociñeiro Miguel Silvaredonda Así mesmo, o Concello anuncia a celebración de dous cursos de formación, dirixidos ós responsables de cociña dos locais do municipio, gratuítos pero con inscrición previa –no correo rede@fenevivo.gal ou no Concello-. Terán lugar o mércores 26 e o xoves 27 nas instalacións de Icook en Perlío e estarán impartidos polo profesor de cociña Miguel Silvaredonda, en horario de 17 a 20 horas.

Institucional

Publica o teu comentario agora