Un morto nun accidente marítimo en Vilagarcía

Un morto nun accidente marítimo en Vilagarcía

24 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O patrón do barco do práctico do porto de Vilagarcía de Arousa perdeu a vida esta madrugada e outros dous mariñeiros resultaron feridos ao chocar cun barco de colectores da empresa 'Boluda' á saída do porto, segundo informaron fontes de Protección Civil.  O suceso ocorreu ás 01.00 horas desta madrugada cando a embarcación da empresa 'Boluda', que dispón dunha autorización para operar na terminal de colecto

Nun momento e por causas que se descoñecen rozou co costado ao barco do práctico e debido ao golpe saíron despedidos ao mar o patrón Soto Cardalda e un mariñeiro do mesmo barco.

A pesar de que un remolcador tratou de auxiliar aos dous mariñeiros non puido evitar a morte do patrón ao atopar o seu corpo flotando nas augas.

Ademais, na manobra de achegamento, e por causas que se investigan, outra persoa, cuxo nome non foi facilitado, resultou gravemente ferida.

A vítima mortal, veciña de Vilaxuan, era pai do coñecido futbolista Hugo Soto. Até o porto de Vilagarcía achegáronse, nada mais ter coñecemento do suceso, o alcalde da localidade, Tomás Fole, e a directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo.

Sociedade