Un mundo sonoro

Un mundo sonoro
08 de Xullo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para sacar á luz o seu primeiro disco. Chámase ‘O clásico fol’. Escoita aquí a entrevista coa gaiteira, pianista, pandeireteira e cantante do grupo de Barbanza, Sabela Olivares.

 

ESCOITA O PODCAST:

‘O Clásico Fol’  trátase do "folk máis galego" e coa formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo, "convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega". ‘Naos’ é unha das pezas destacadas do disco. “Unha muiñeira con sabor á México”.

Na imaxe, Sabela Olivares, Suso Bello e Alberto Millán, compoñentes de Boroa.

Fotografía: Boroa.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora