Un peixe no parqué

Ramón Vilar propón un atlas de vidas en combustión, ateigado de humor e ironía.
11 de Xullo, 2019 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Club de lectura adéntrase na obra de Ramón Vilar "Un peixe no parqué" publicada por Xerais neste 2019

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Vilar, Henrique Sanfiz, Tatty Lavandeira e Esther Val

"As persoas estamos feitas de soños, de ilusións, de vontase de sermos moito máis do que nos din que somos...Cos anos deducín que todos carrexamos canda nós unha morea de espectativas frustradas. A miña de ser escritor tampouco difería tanto dos que se imaxinaran marcando goles en estadios ateigados" Con esta declaración de intencións do autor, arranca o libro "Un peixe no parqué" de Ramón Vilar Landeira, editado por Xerais en 2019.

O título tamén o é dun dos dezasete relatos que contén. Estamos diante dunha obra a medio camiño entre un libro de relatos curtos e a novela porque entre eles hai relación. Se tiveramos que buscar un tema central este sería a sociedade actual, o dia a dia que oculta a realidade do ser humano, cos seus defectos pero coa esperanza de seguir vivindo en sociedade. Unha narración ateigada de ironía e humor que retrata personaxes comúns e correntes, "unha ficción cosida coa vida cotiá".

"Qué forza intelixente que goberna o mundo decide que o dia X te vas esnafrar cun kamikace na AP-9? É unha das cuestións que nos lanza o escritor.

No club de lectura de Radio Fene Radiofusión participaron co escritor, Tatty Lavandeira, Esther Val e Henrique Sanfiz.

Cultura

Publica o teu comentario agora