Un pequeno pesqueiro afundíu na costa de Valdoviño

Un pequeno pesqueiro afundíu na costa de Valdoviño

12 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os dous tripulantes dun pequeno pesqueiro que esta mañá sufriu unha vía de auga e se afundíu na costa de Valdoviño (A Coruña) foron rescatados sans e salvos e foron conducidos a Cedeira, onde tiña o porto base a embarcación, segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo.

O 'Encarnita 2', un pesqueiro de madeira de dez metros de eslora, sufriu unha vía de auga ao redor das 6.00 horas deste xoves ao chocar contra unhas rocas en Campelo, zona costeira de Meirás, no municipio coruñés de Valdoviño.
Os seus tripulantes deron a voz de alarma ao redor das 6.15 horas por chamada selectiva dixital, co que Salvamento Marítimo desviou á zona a lancha 'Langosteira', que neses momentos remolcaba un veleiro nunha zona próxima.

Pasadas as 8.00 horas, os dous mariñeiros, sans e salvos, xa eran conducidos pola lancha 'Langosteira' da Cruz Vermella ao porto de Cedeira. Pola súa banda, non se puido evitar o afundimento do barco, que se foi ao fondo nunha zona coñecida como Campelo, onde hai 14 metros de profundidade, segundo estiman os técnicos de Salvamento Marítimo consultados.
 Na zona as condicións do mar non eran adversas, polo que a hipótese principal que provocou a vía de auga é que a embarcación chocou contra unhas rocas e abriuse unha brecha no casco de madeira que facía imposible o control da embarcación.

Sociedade