Un perruqueiro de Narón, gañador do The Style Master 2013

Un perruqueiro de Narón, gañador do The Style Master 2013

10 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un perruqueiro de Narón- A Coruña- Antonio Calvo, é o gañador para España do prestixioso concurso The Style Master 2013, o certame co que o grupo Colomer pretende impulsar a profesión do estilismo, reivindicar o valor artístico dos perruqueiros e descubrir novos talentos. 

Antonio Calvo Estilistas inaugurouse en Narón no ano 1996. En 1998, o seu titular foi finalista nacional dos premios de fantasía “Novoprof”. Ademais, traballou de freelance con Revlon Profesional durante cinco anos, impartindo cursos para profesionais. No 2012, Antonio Calvo Estilistas foi un dos finalistas nacionais dos premios Fígaro.

Un peinado acorde co maquillaxe e o vestiario e unha boa fotografía son fundamentais, según Antonio Calvo, para destacar no Style Master Contest. O perruqueiro afincado en Narón presentou tres  imaxes dunha mesma modelo (Raquel Romero) cun corte de pelo e tres variedades de peiteado dese mesmo corte. Superada esta fase do concurso, un xurado elixirá os sete finalistas internacionais (entre os 30 gañadores nacionais) que competirán o próximo 29 de abril para converterse no Global Winer do The Style Master 2013. En caso de ser seleccionado, Antonio Calvo representaría a España na gran final do concurso.

Sociedade