Un poema adicado despois do penalti de Djukic

Un poema adicado despois do penalti de Djukic
19 de Setembro, 2019 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

Un poema adicado ao Deportivo da Coruña despois do penalti de Djukic polo que perdeu a Liga fronte ao Valencia. Maríano Duran inclúe eses versos no seu libro de poesía Radiografía bárbara. Gústalle o fútbol, os saberes mezclados e a redacción do Espasa. Este é o relato dos feitos: 1994. Último partido da Liga. Ultimo minuto do partido en Ríazor. O árbitro pita un penalti que pode dar o título ao Deportivo. Mariano Duran confesa que era afeccionado do Barcelona, pero discrepa do xeito de actuar das "primas a terceiros". O profesor indica que cando veu a Djukic preparándose para lanzar a pena máxima xa soubo que ia fallar.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí o audio da conversa con Mariano Duran:

http://173.255.131.18/audio/190919DURAN.mp3

Mariano Durán en Radio Fene Radiofusión

“Este é o meu libro máis xove” confesa o profesor xubilado que admira a Camoes e a Sexto Propercio, “un poeta feramente humano”.

Que soy? Humo y sueño. Versos mudos concebidos en muy poco tiempo, y en poco tiempo modificados. Siempre con efímera voluntad punzante, y a presión. Que tú mejor que yo, lector posible, explicarás.

E un fragmento da autobiografía de Mariano Duran escrito na solapa do libro Radiografia Bárbara.    

Cultura

Publica o teu comentario agora