Un sinal de identidade

Un sinal de identidade
03 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa do Pan estáse cocendo en Neda

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Luar na Lubre é un dos grandes atractivos da Festa do Pan de Neda que se celebra esta fin de semana na zona do paseo marítimo. Unha tradicional celebración gastronómica que ten a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia e que chega este ano á súa trixésimo segunda edición. Pan, empanada, doces, xantar popular son algúns dos reclamos do evento no que tamén haberá música e actividades para o público infantil. Neda saca peito do produto que tanta sona lle dá. Iso si,o alcalde, Ángel Alvariño, que convida a veciñanza de toda a comarca a gozar da celebración, lamenta a pouca produción do trigo do pais..

Institucional

Publica o teu comentario agora