Un soberbio Barallobre aproveita o fallo do porteiro rival

Un soberbio Barallobre aproveita o fallo do porteiro rival
25 de Setembro, 2023 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Un fallo do seu porteiro deunos a posibilidade de adiantarnos no marcador e despois xa fomos superiores e non pasamos apuros” afirma o adestrador do Barallobre Borja Mesa. Esteiro 0 - 4 Barallobre, con goles de Julien, Fuguillas, Rafa e Aitor. “Pero ao comezo do partido empezamos algo durmidos, e o Esteiro meteu un ritmo moi alto e con moita intensidade” advirte o técnico.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O Barallobre leva dúas vitorias nas dúas xornadas da competición da Segunda Galicia de fútbol. 

 

Na imaxe, Daniel López Cuenca "Fuguillas", autor de un dos goles do Barallobre

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora