Un xove de 22 anos morre en accidente de tráfico en Riveira

Un xove de 22 anos morre en accidente de tráfico en Riveira

28 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Un xove morreu este mediodia ao colidir a motocicleta que conducía contra unha furgoneta na estrada AC 550 ao seu paso polo Concello de Riveira. O accidente tivo lugar contra as 12 da mañá á altura do Hospital do Barbanza.

O sinistro consistiu nunha colisión fronto-lateral dunha moto Kawasaki ZX6R, contra unha furgoneta Citroen Berlingo ás 12,10 deste mediodia. Co impacto, faleceu o ocupante da moto, N.P.R. de 22 anos.

Sociedade