Unha axuda autonómica achegará 60.000 euros para un novo almacén no Pavillón de Deportes de Vilalba

Unha axuda autonómica achegará 60.000 euros para un novo almacén no Pavillón de Deportes de Vilalba

26 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un convenio entre o Concello de Vilalba e a Xunta de Galicia permitirá transformar o local anexo ao Pavillón de Deportes Municipal nunha zona de almacenaxe de material deportivo. A axuda autonómica cubrirá o custe total das obras, que se cifran en 60.000 euros, segundo informou o alcalde da vila, Gerardo Criado.

Coa habilitación desta nova zona completarase a infraestrutura deportiva cun lugar onde se pode gardar o material para realizar as actividades que se estaban a desempeñar no pavillón vilalbés. Así, tanto os clubes, principalmente o Vilalba Básket e o Vilalba Fútbol Sala; como as escolas deportivas, terán un espazo onde depositar elementos esenciais para a práctica do seu deporte. Este almacén albergará, desta maneira, as canastras, colchonetas, porterías e demais elementos, que ata o de agora non tiñan un lugar específico para o seu coidado.

 

 

Ademais, o novo almacén servirá de espazo para o conserxe do pavillón, que non dispuña dun sitio exclusivo ata o momento.

Sociedade