Unha dedicación exclusica e unha parcial

Fene terá unha dedicación exclusiva do alcalde e outra parcial para un concelleiro ou concelleira.
04 de Xullo, 2019 - 02:04 h. | Publicada por Radio Fene

Fene convocou o pleno de organización da nova corporación municipal para o vindeiro luns 8 de xullo, ás 9,30 da mañá. Nese pleno deben aprobarse as áreas de traballo, os seus responsables e as retribucións que percibirán. A proposta da Alcaldía, no caso fenés é de que haxa unha dedicación exclusiva do propio mandatario e outra parcial do 75% do horario laboral para outro ocncelleiro ou concelleira. No primeiro caso establécese unha retibución bruta anual de 40.405 euros e no segundo de 27.726 euros.

Xa está convocado oficialmente o pleno extraordinario do concello de Fene, o pleno organizativo para repartir as responsabilidades da nova corporación. O pasado 15 de xuño constituiuse a Corporación municipal que gobernará Fene entre o 2019 e o 2023. Agora toca empezar o mandato con esta primeira convocatoria para o luns dia 8 de xullo ás 9,30h da mañá. Na orde do día figura dar conta da constitución dos grupos políticos: PP, BNG, PSOE e Grupo mixto, do nomeamento dos seus voceiros que serán na mesma orde; Rocío Bértoa, Juventino Trigo, Mª do Mar Piñeiro e María Carmen Martínez.

Nesta sesión procede ademais fixar a periodicidade das sesións ordinarias do pleno. Probablemente, se non hai novidades, quedará como foi sempre os primeiros xoves de cada mes. Os últimos martes de cada mes, ás 9.30h reunirase a Xunta de Goberno que estaría composta polos edís do PP, Rocío Bértoa, Tamara Miragaya, Andrés Serantes, Juana Barro e Juan José Franco (na imaxe, na toma de posesión do alcalde, o 15 de xuño). A primeira tenente de alcalde será Rocío Bértoa e a segunda, Tamara Miragaya, o terceiro, Andrés Serantres, cuarta Juana Barro e quinto tenente de alcalde, Juan José Franco.

As Delegacións Xenéricas por Áreas proposta pola alcaldía son tres:

A de Desenvolvemento Territorial e do Medio estará presidida por Juan José Franco. A área de Organización, Seguridade e Dinamización económica delégase en Rocío Bértoa. A terceira área de Dinamización Social e Transparencia será de Juan Barro. A isto hai que sumar unha Delegación Especial das subáreas de Obras, Servizos e Medioambiente ao concelleiro Andrés Serantes. Outra subárea, a de Xuventude, Deportes, Participación cidadá, Comunicación e Benestar Social que se delega en Tamara Miragaya.

Dedicacións

Neste pleno, tamén a proposta da alcaldía, deben determinarse os concelleiros ou concelleiras que exercerán os seus cargos con dedicación, o réxime retributivo dos membros da corporación.  O Alcalde terá unha dedicación exclusiva de 40.405 euros brutos anuais. A isto súmase unha dedicación parcial de 27.726€ brutos anuais. O réxime de adicación diaria debe ser do 75% da xornada laboral. Os membros da corporación que non desempeñen cargos en réxime de dedicación percibirán, pola concorrencia ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, as seguintes asistencias:

Por asistencia ao pleno ordinario, 400€ e a plenos extraordinarios, 80€ por sesión. A asistencia á Xunta de Delegados supón 336 € por sesión; á Xunta de Goberno local, 25€/sesión e á Comisión informativa, 50€/sesión. A proposta que irá a pleno o luns determina as asignacións mensuais a cada grupo político de 172,46 euros máis 72 € por cada edil que integra o grupo.

Institucional

Publica o teu comentario agora