Unha gran dinámica de traballo no Galicia de Mugardos

Unha gran dinámica de traballo no Galicia de Mugardos

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha gran dinámica de traballo presenta o Galicia de Mugardos nesta pretemporada, segundo o seu adestrador Juan Antonio Prieto Cata. Se se mantén a actual intensidade, concentración e esixencia non vai ter problema para manter o seu posto na Preferente Autonómica do fútbol, tras lograr o ascenso a pasada temporada.

Iván Sánchez, Mario David, Juan Jesús, Chollas e Iván son os reforzos nun plantel formado por 21 xogadores. O Galicia de Mugardos recibirá o vindeiro sábado ao Racing de Ferrol no campo da Pedreira. Ademais enfrontaráse o domingo 23 ao Lalín, pero o seu adestrador quere concretar outros dous amigables máis antes do comezo da Liga.

Deportes