Unha gran emoción

Unha gran emoción
07 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Marcos Lorenzo fai referencia á arte bruta no seu novo libro titulado Enser. O escritor e técnico cultural sentiu “unha gran emoción” nunha viaxe realizada ao norte de Portugal sobre a que nos fala este venres no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Sobre a referencia á arte bruta eu comento no libro que foi nunha visita que fixen co alumnado da Universidade de Santiago ao Norte de Portugal. Era a San Joao da Madeira onde había unha antiga fábrica que foi reconvertida en centro de arte. Alí teñen unha sala adicada á arte bruta e, ademais, era o primeiro contacto que eu tiña con esa manifestación. O que tiñan en común todos eses autores, pintores, escultores… era que tiveran graves problemas de saúde mental. Eu quedei tan conmovido e me pareceu tan salvaxe e dunha expresividade tan radical que as imaxes parecían saltar do cadro. A min afectoume moito e moi positivamente. Sentín unha gran emoción. Eu aquí no libro o que digo e que ogallá me achegase nunha pequena parte ao grao de verdade que puiden percibir nesa colección", asegura o autor de Enser, Marcos Lorenzo.

Cultura

Publica o teu comentario agora