Unha homenaxe á emigración

Unha homenaxe á emigración
05 de Maio, 2024 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

Antigos alumnos do colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña realizaron o pasado sábado unha visita cultural á ría de Ferrol. Visitaron o Museo Naval de Ferrol, xantaron nun restaurante de Fene, contemplaron o mural de Hugo Lomas Sfhir seleccionado como o mellor do mundo en 2023 e escoitaron as explicacións do director de Radio Fene Henrique Sanfiz sobre a Casa da Maleta en Barallobre.

Diante da Casa da Maleta de Baralllobre

Casa da Maleta ou Chalé do Adriano
Construido entre 1921 e 1925. Hai un edificio similar na cidade de Cienfuegos en Cuba. A vivenda é unha homenaxe á emigración e un sinal de gratitude aos retornados que investiron en empresas e escolas na súa terra natal. O seu promotor Antonio Fernandez Fernández naceu en San Pedro de Eume. Antonio Fernández coñecido como “O Adriano” emigrou a Cuba con 16 anos en 1882. Traballou máis de 18 anos no sector da construción, aprendendo todo o relativo a esa profisión. A mala saúde non lle permitiu prolongar a súa estancia na illa caribeña e retornou á Península arredor do cambio de século. No seu retorno trouxo cartos e impulsou distintas actividades empresariais. Entre 1921 e 1925 construiu a “Casa da Maleta”.
O rasgo principal da súa persoalidade era a solidariedade coa cidadania. Un dos seus lemas gravados no interior da vivenda: “El trabajo es mi dios y el mundo mi tumba”. Posuia estaleiros na ribeira de Barallobre, unha carpintaría e lanchas de pasaxe. Impulsa a construción do cine Adriano que se inaugura en 1947, un ano despois da súa morte. 
Un home na cúpula sosten un facho de luz e unha maleta. Mira ao horizonte, como símbolo e homenaxe ao emigrante que se ve forzado a abandonar a súa patria. “Justicia, educación y trabajo” rezaba outra das placas do interior. A planta do edificio distribuese en cinco ocos, ademais dos aseos e un miradoiro exterior. Na ornamentación interior chaman a atención tres elementos: as series de azulexos nos que, en cores azuis e marróns, proliferan motivoos variados, as vidreiras compostas de cristais coloreados e as cornixas formadas por un conxunto de molduras nas que se alterna a decoración vexetal con rostoros humanos. A vivenda remátase cunha terraza e cunha cúpula que a súa vez sostén a estatua do emigrante, cun gabán baixo o brazo esquerdo, e un facho na man dereita que emitía destellos na noite, e que foi cegado por un raio.

Cultura

Publica o teu comentario agora