Unha melodía atractiva

Unha melodía atractiva
25 de Marzo, 2024 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

O Val quedouse teso no campo de Sinde.  O empate luciu no marcador durante cincuenta minutos. O conxunto local empezou con moita intensidade e adiantouse no minuto dezaseis cun gol de Adrián. Empatou Xabi Rioboo no trinta e un. O gol da vitoria local chegaría no oitenta e un nas botas de Seny. A melodía do Perlío foi atractiva pero cando mellor estaba recibiu o 2-1. "Comezabamos a crear, chegar a tres cuartos de campo, ter presencia na área rival, nos notábamos fortes" precisa o adestrador do Perlío Mario López. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Perlío Mario López:

http://173.255.131.18/audio/250324LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

"Ao Val non se lle notaron as baixas de xogadores, foi un equipo moi veloz, e por iso están de primeiros" conclúe o técnico.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora