ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha muller de 75 anos de idade faleceu na mañá deste martes tras ser atropelada en Marín (Pontevedra). Segundo os datos facilitados polo 112, o atropelo sucedeu cando faltaban dous minutos para as 8.00 horas no lugar de Pardavila, no municipio de Marín. Nunha mañá accidentada, tamén se rexistraron sinistros en Santa Comba e Ourense.
En Marín, foi a Policía Local a que deu a voz de alarma ao 112, que informou os efectivos sanitarios de urxencia, así como a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada para atender á persoa atropelada, a muller V.P.N., de 75 anos de idade, que faleceu no punto, segundo confirmaron fontes sanitarias.
O temporal tamén provocou esta mañá un accidente na zona de Camariñas. Unha gabarra carada con terra atoou nunha praia da localidade.