Unha nova Semente xermina en Narón

Unha nova Semente xermina en Narón

16 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Semente Trasancos é un proxecto de espazo educativo alternativo para a rapazada de dous a seis anos, vertebrado ao redor do uso da lingua galega. A súa base pedagóxica é libre e alternativa e supón un maior contacto coa natureza, así como unha especial estimulación e motivación cara os nenos, cun plantexamento educativo máis conversacional”. Abrirá o primeiro de outubro en San Mateo, en Narón, na antiga escola unitaria

“Os nosos principios son coeducación, laicidade, asemblearismo e sobre todo de respeto mutuo entre as persoas adultas e as crianzas. O respeto pola integridade e o ritmos de cada cativo é fundamental e as persoas adultas que os acompañan cren no proxecto e traballan porque saia adiante, iso é fundamental para nós.  Co pensamento creativo as nenas e nenos observan as situacións e os problemas desde todos os ángulos posíbeis e dan resposta para solventar diferentes cuestións e sobre todo, é un espazo de inmersión lingüística en galego, algo que a día de hoxe non é posíbel se non  é nas Sementes, ogallá mude, pero hoxe é así. Para nós a língua é fundamental.” afirma a presidenta de Semente Trasancos Iria García.

Sociedade