ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todos vós sodes capitáns foi a primeira longametraxe de Oliver Laxe. O director galego colectou éxitos de crítica e de público e agora semella repetir impacto coa película “O que arde”.
'O que arde' de Oliver Laxe obtivo o Premio do Xurado da Sección Oficial do Festival de Cannes e o Premio á Mellor Creación Sonora. Benedicta Sánchez e Amador Arias protagonizan o filme, un dos catro españois seleccionados nos Premios do Cinema Europeo, que tivo a súa estrea estatal no festival de San Sebastián no pasado mes de setembro. Ademais, nos próximos meses competirá nalgúns dos festivais internacionais máis prestixiosos como Toronto ou Nova York. Calcúlase que en España serán unha trintena de cines os que a proxecten, tamén en versión orixinal Ademais dos premios e recoñecementos en festivais, a película está a colectar un excelente recibimento por parte da crítica, tamén en Francia, onde vén de ser cualificada como "unha oda á natureza e a Galicia" polo xornal La Montagne. O que arde "funciona como unha fogueira emocional: toma o corpo dun golpe, tratamos de acalmar o seu ardor, debilítase e despois recomeza máis fermoso", pódese ler noutra das críticas publicadas. Sobre ela, outros críticos dixeron, por exemplo, "unha película dunha beleza tan provocadora como hipnótica", “Dunha potencia visual exuberante” ou “Unha obra bela e melancólica, dunha sensibilidade penetrante”.
Publica o teu comentario agora