Unha oposición seria e responsable

Unha oposición seria e responsable

30 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular de Fene preséntase ás eleccións cun traballo de catro anos de oposición serio e responsable. Afirmouno así o candidato á alcaldía Gumersindo Galego no acto de presentación da candidatura celebrado onte á noite en Maniños.

A conselleira de Sanidade Pilar Farjas respaldou á formación e indicou que a Xunta de Galicia inviste 7,6 de cada 10 euros en políticas sociais. Farjas sinalou que o goberno de Fene non foi quen de levar a cabo proxectos propostos dende a administración autonómica. Austeridade e rigor, iso é o que ofrece o Partido Popular de Galicia, segundo sinalou a titular de Sanidade.

Sociedade