Unha persoa morre en atropelo en Oza dos Rios

Unha persoa morre en atropelo en Oza dos Rios

06 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Unha persoa faleceu hoxe en Oza dos Ríos (A Coruña) tras ser atropelada por un turismo, segundo informaron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de emerxencias 112. O falecido é P.S.C, home de 73 anos e veciño de Porzomillos, en Oza dos Ríos. O suceso ocorreu ás 9,52 horas de hoxe no quilómetro 5,5 da AC-840 que une Betanzos e Melide.

Unha persoa chamou ao 112 para alertar do accidente. Cando chegou unha ambulancia do 061 o peón atropelado estaba inconsciente e posteriormente, no lugar do accidente, confirmaron a súa morte. Trátase da cuarta vítima mortal nas estradas galegas que se produce hoxe, despois do accidente entre un vehículo e un autobús escolar sen nenos producido á primeira hora da mañá en Agolada (Pontevedra) que se saldou coa morte do tres ocupantes do vehículo.

 

Sociedade